En portadaÚltima hora

Seguen os lumes na provincia de Ourense en pleno inverno

A parte oriental da provincia rexistra diversos incendios forestais activos nesta noite
Imaxe do incendio forestal en Palleirós (Manzaneda).

Nesta noite de 26 de febreiro están a rexistrarse numerosos incendios forestais na provincia de Ourense. Ademais dos que se producían pola tarde en Castromil (xa extinguido) e no Carballiño (extinguido), hai máis lumes activos arestora, sobre todo no oriente ourensán.

Así hai dous lumes no concello da Gudiña, parroquias do Tameirón e Pentes, con tres focos simultáneos en cada un deles, segundo a Consellería do Medio Rural. O do Tameirón afectou a 9 hectáreas de monte raso e xa está extinguido.

Hai ademais un lume en Palleirós (Manzaneda) que podería levar queimadas preto de 10 hectáreas, tamén se rexistran incendios nestes momentos en Trives, Mormentelos (Vilariño de Conso), A Esculqueira (A Mezquita), así como en Calvos de Randín e no Carballiño.

Artigos relacionados

Back to top button