EconomíaEconomíaÚltima hora

Seguen prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais polas condicións meteorolóxicas

Medio Rural tomaba a decisión “tras avaliar a evolución da situación do tempo e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume en tempada de alto risco”

Ata novo aviso, e tendo en conta as condicións meteorolóxicas actuais e as previsións para os vindeiros días, a Consellería do Medio Rural informe de que as queimas de restos agrícolas e forestais amoreados seguen prohibidas en Galicia.

“A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación do tempo e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume en tempada de alto risco. Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento”, segundo Medio Rural. Así mesmo, a consellería pide a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións.

Artigos relacionados

Back to top button