ConcellosQuirogaÚltima hora

Seguen subindo os casos activos de Covid en Quiroga cun total de 83, seis más que onte

As dependencias municipais de Quiroga están pecharas. /Foto: Facebook do Concello de Quiroga.

 

Ante o considerable aumento de casos positivos no municipio dende hai dez días, xa se daba por sentado que aumentarían as medidas restritivas.  Dende esta medianoite, pecha a hostalaría, as reunións sociais limítanse ás persoas conviventes, os comercios non esenciais pechan ás seis da tarde, a máscara obrigatoria ata para realizar deporte en solitario e por suposto peche perimetral de todos os municipios.

Restricións máximas que comezarán tras coñecerse que o número de casos diagnosticados por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nos últimos 14 días sitúanse xa nos 83 casos, seis máis ca xornada anterior, segundo os datos actualizados pola consellería de Sanidade onte ás seis da tarde.

A nivel municipal, o rexedor local decretaba o pasado xoves o peche de todos os servizos e dependencias municipais, pero garantindo todos os servizos mínimos aos cidadáns, como a auga, a recollida de lixo ou a limpeza das rúas e xardíns. “Todos os servizos están a traballar segundo as necesidades e os protocolos marcados, pero queda suspendida toda a atención ao público nos departamentos municipais que non teña carácter urxente”, puntualizan dende o Concello, onde un traballador realizará garda por se algún veciño precisa algún documento urxente. “No caso de que a documentación solicitada non sexa urxente recollerase a petición e en canto estea lista faraselle chegar por correo electrónico ou correo postal”, aseguran.

Artigos relacionados

Back to top button