Son xa 17 os casos activos por Covid-19 que rexistra a provincia de Ourense, dous máis que onte, segundo a última actualización de datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Están relacionados do brote de Vilar de Barrio.
Deses 17 casos activos na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 3 están ingresados e 14 a seguemento a domicilio. O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 2.043 con 1.896 e 132 falecementos, segundo o Sergas.
308 casos en Galicia, 28 máis que onte
A tendencia de crecemento evindénciase tamén a nivel galego, xa que neste 1 de agosto son 308 (fronte aos 280 de onte) os casos activos: deles 107 son da área da Coruña, 74 da de Lugo, os xa citados 17 da de Ourense, 26 da de Pontevedra, 56 da área de Vigo, 26 da de Santiago, e 2 da de Ferrol.