En portadaSanidadeÚltima hora

Seguen subindo os positivos de Covid na provincia cun total de 1.232 casos activos

O Hospital de Valdeorras mantén 1 ingreso

Sinalización para realizar probas de Covid no Hospital de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

A curva de casos activos de Covid-19 segue en ascenso na provincia. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco suma xa 1.232 casos activos, 92 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 12 de xaneiro.

Con respecto aos ingresos hai certa estabilidade na xornada de hoxe con 44 persoas hospitalizados en planta (as mesmas que onte) e 4 na Unidade de Coidados Intensivos (tamén as mesmas que onte). O que tamén volven subir son os casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas un total de 118 (fronte aos 98 de onte).

No que se refire aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 1 ingreso en planta (o mesmo que onte) o Hospital de Verín rexistra 7 ingresos en planta (1 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 35 en planta (2 menos que onte) e 4 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). A Clínica Santa Teresa rexistra hoxe 1 positivo en planta.

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 9.692, con 8.144 curados e 316 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 146.929 probas PCR e 70.172 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button