DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Seguindo as pegadas do volframio e dos fuxidos por Trevinca

Unhas vinte persoas participaban na ruta organizada o 27 de abril polo Club de Montañismo Montañas de Trevinca

Vilanova (A Veiga) era o punto de partida da “Ruta do volframio e dos fuxidos”, que se realizaba o 27 de abril coa participación dunhas vinte persoas (o total de prazas existentes). A marcha comezaba ás nove da mañá cun itinerario que pasaba polo Maluro, Crestón Lombo do Roncín, Foxo do Castaño, Pontón e ermida de San Xil ata Casaio (Carballeda de Valdeorras). Durante o traxecto os montañeiros topábanse cunha paisaxe de suntuoso branco.

 

 

Esta ruta polo teito de Galicia estaba organizada Club de Montañismo Montañas de Trevinca da Veiga, contando coa dirección e guía de Juanjo Lorenzo e Antonio Fernández “Cholo”. Esta iniciativa, que mesturaba o deporte de montaña coa historia, pretendía dar a coñecer dous feitos moi ligados a estes cumes galegos no pasado século XX: o volframio e os fuxidos.

“Este mineral está incluído dentro das razóns táctico-económicas do noso país dentro dos episodios da segunda guerra mundial. Os fuxidos (tamén coñecidos como maquis) despois da nosa guerra civil foron os protagonistas de moitos episodios que aínda hoxe están moi presentes na memoria dunha boa parte dos anciáns destas terras”, explican dende a organización da ruta.

Fotos cedidas polos participantes.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close