DeportesÚltima hora

Segunda cita no Barco da liga galega de atletismo de categorías menores de inverno

Esta competición, que incluirá tamén control de marcas, está prevista para o 16 de novembro en Calabagueiros

Un dos atletas participantes na primeira xornada desta liga no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A VIII Liga galega Abanca de categorías menores de inverno regresa ás pistas barquenses de atletismo. Apenas tres semanas despois da primeira cita, Calabagueiros acollerá unha nova proba do calendario na mañá do 16 de novembro.

O programa iniciarase ás 10:45h. coa proba de salto de pértega Sub14 (tanto en categoría feminina como masculina). A partir de aí virán as probas de 4×50 m lisos Sub10, Sub12 e Sub14 (masculinas e femininas), que incluirán tamén control de marcas. O mesmo sucederá cos 300 ml absolutos e co salto de lonxitude Sub14, Sub16 e Sub18.

Neste evento deportivo, organizado pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA), tamén haberá probas de salto de altura, lanzamento de peso ou de 500 ml. O control da competición correrá a cargo do Comité Valdeorrés de Xuíces da FGA.

As inscricións poderán realizarse na web https://isis.rfea.es/sirfea2/ ata o mércores 13 de novembro ás 23h.

Artigos relacionados

Back to top button