SanidadeÚltima hora

Segunda concentración no Centro de Saúde da Rúa “por unha Primaria digna”

Profesionais e pacientes reuníanse ás 12h. deste 11 de febreiro no exterior do centro neste acto en defensa da Atención Primaria
Concentración no exterior do Centro de Saúde da Rúa./ Foto cedida.

Por segundo luns consecutivo, profesionais e veciños concentrábanse durante cinco minutos neste 11 de febreiro ás 12h.  “Xuntos por unha Primaria digna” no exterior do Centro de Saúde da Rúa. Este acto reivindicativo está convocado pola Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, AGAMFEC.

Con esta acción pretenden “defender xuntos os dereitos a túa saúde que diminúen os recortes en Atención Primaria”.

Artigos relacionados

Back to top button