EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosPizarraÚltima hora

Segunda reunión fallida para constituír a mesa negociadora do convenio da lousa

A falta de acordo entre CCOO e a CIG en canto á representación impide de novo a formación da comisión

O 13 de febreiro facíase a primeira convocatoria para crear a comisión negociadora do convenio da lousa. Un mes despois e tras dúas reunións, esa mesa de negociación segue sen constituírse.

A última desas xuntanzas entre sindicatos e empresarios tiña lugar na tarde do 14 de febreiro na sede da Asociación Galega de Pizarristas (AGP) en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Concluía sen que houbese acordo en canto a representatividade entre as centrais CIG e CCOO, tal e como se indica dende a AGP. Estes dous sindicatos compartirían representante na mesa, pero ningunha delas renunciaba ao posto, o que obrigaba a pospoñer a formación da comisión.

A parte empresarial estaría representada por cinco membros e a sindical por outros tantos, dos cales catro son de UGT e o restante compartido entre a CIG e CCOO. Ambas partes teñen previsto celebrar unha nova reunión o vindeiro 23 de marzo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button