EconomíaEconomíaGalerías de fotosXIX Feira do Viño de Valdeorras

Segunda xornada da Ruta de Pinchos-Feira do Viño de Valdeorras

Percorrido gastro-vinícola por quince establecementos hostaleiros do Barco

As altas temperaturas convidan á poboación a buscar refresco nos locais hostaleiros ou nas súas terrazas, e nada mellor que facelo degustando exquisitos pinchos co viño como ingrediente estrela.

Así o están facendo os veciños e visitantes do Barco que na tarde do 8 de xullo disfrutaban da segunda e última xornada da I Ruta de Pinchos-Feira do Viño de Valdeorras. Unha iniciativa que nacía este ano como antesala da feira vinícola que se celebrará a vindeira fin de semana en Viloira.

Entre os pinchos que se puderon degustar nesta ruta había “Carrilleiras de tenreira ao viño tinto”, “Pincho Galaica”, “Chourizo ao inferno”, “Peixe branco en crema de Godello” ou “Salpicón con vinagreta balsámica de Godello”, todos maridados cos mellores viños das D.O. Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button