En portadaÚltima hora

Segunda xornada de desfiles en ruta no Barco

Dezanove establecementos do Centro Comercial Aberto sacaron os produtos á rúa

Continúa a campaña de primavera do CCA O Barco que arrancaba o xoves día 23. O venres 24 facíao coa segunda ruta de micro-desfiles diante de nove dos establecementos participantes, completando así o percorrido por un total de 19 comercios que, ao longo de dúas xornadas, sacaban os seus produtos á rúa, dende moda ata cosméticos e produtos de ferretería.

O percorrido do segundo día de campaña, comezaba pola mañá en Sprit, continuando por Garoba, Can-Can, Perfumería Ana de la Puente e Pizpireta. Pola tarde tocaríalle o turno a Mhussk by Trio’s, Pilardos, Ferretería Moncho e Confecciones Elena.

A campaña “Actualiza o teu estilo”, contunúa hoxe sábado 25 de abril con visitas guiadas polas tendas e asesoramento personalizado no stand instalado na praza do Concello, a cargo da personal shopper Rosina Landó.

Cada día (23, 24 e 25 de abril) sortéase un look entre tódalas persoas que merquen nos establecementos asociados e depositen o ticket na urna isntalada no stand da praza.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button