Publicidade
SanidadeÚltima hora

Segundo brote de Covid-19 en Galicia, na Mariña lucense

Ata o momento, detectáronse 8 casos positivos en coronavirus en Xove, segundo Sanidade. Todos eles pertencen ao círculo familiar no que se rexistrou o primeiro caso

 

A Consellería de Sanidade informaba onte de que a Plataforma de Vixilancia e Control Epidemiolóxica e os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas detectaba a aparición dun brote de coronavirus na comarca de A Mariña, o segundo en Galicia tras o da comarca do Barbanza. En concreto, ata o momento, detectáronse 8 casos positivos en coronavirus no Concello de Xove. Todos eles pertencen ao círculo familiar no que se rexistrou o primeiro caso.

“Trátase, pois, dun brote familiar de infección por Covid-19 que se detectou o mércores pola tarde no Concello de Xove. A partir desta confirmación, fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos da persoa afectada. Ata o momento, mediante as probas realizadas, confírmase a existencia de 8 positivos en Covid-19 (incluído o caso inicial), 4 negativos e 25 máis pendentes de resultado”, segundo informa Sanidade.

Desde o momento no que o Sergas detectou o primeiro positivo do foco identificado, na tarde do mércores, activouse o protocolo de seguimento e realizáronse as probas PCR a todos os contactos estreitos deste positivo.

Neste momento, dos oito casos positivos a maioría son asintomáticos, agás dous que presentan sintomatoloxía de carácter leve, máis teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecerán en seguimento no seu domicilio, asesorados pola Plataforma de Vixilancia Epidemiolóxica e os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas. Ningún afectado tivo que ser hospitalizado. A Consellería de Sanidade leva rastrexado ata o momento a unhas 40 persoas relacionadas con este brote familiar e séguense a investigar posibles contactos.

Dende o Sergas destacan “o correcto funcionamento dos protocolos de vixilancia e control e lembrar á cidadanía a necesidade de continuar a aplicar as medidas hixiénico-sanitarias establecidas desde o inicio da pandemia do coronavirus, poñendo especial énfase na necesidade de empregar sempre as máscaras, naqueles espazos onde non é posible gardar a distancia de seguridade social”.

A Consellería de Sanidade reitera á  cidadanía que empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 881 00 20 21 para persoas de fóra da comunidade autónoma que visiten Galicia e desexen consultar dúbidas ou sintomatoloxía relacionada coa Covid-19.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close