En portadaSanidadeÚltima hora

Segundo día de vacinación contra o Covid en Valdeorras

 

Continúa a vacinación aos profesionais da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Na mañá de onte, comezaba a primeira fase coas vacinas no Hospital Público de Valdeorra e hoxe, xoves 14 de xaneiro, tiña lugar a quenda de Atención Primaria no Centro de Saúde do Barco.

En torno ás dez da mañá, procedíase á vacinación de parte do persoal dos centros de saúde da Rúa e de Petín (enfermeiras/ os, médicos/ as e tamén persoal non sanitario), tal como pode verse nestas imaxes. Ademais dos de Valdeorras, no centro barquense atenderase tamén aos profesionais de Viana do Bolo, Trives e Castro Caldelas.

 

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button
Close