SanidadeÚltima hora

Segundo falecemento por coronavirus na provincia de Ourense

Trátase dunha paciente de 90 anos con patoloxías previas que estaba ingresada no Hospital de Ourense

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

 

A área sanitaria de Ourense vén de rexistrar neste domingo o seu segundo falecemento por coronavirus. Trátase dunha paciente de 90 anos con patoloxías previas que estaba ingresada no Hospital Universitario de Ourense, segundo informa a Consellería de Sanidade. Esta paciente era de Xinzo de Limia, tal e como confirmaba o propio Concello a través das redes sociais.

Parada de Sil

Por outra banda, o alcade de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, daba a coñecer a través do facebook do Concello un positivo por coronavirus neste municipio. “A falta de datos oficiais por parte do Sergas en canto a casos de afectados polo virus COVID-19 en Parada de Sil, dicirvos que hai un e que está a cumprir rigurosamente co protocolo que así lle foi imposto polas autoridades sanitarias, e está a evolucionar favorablemente”.

Artigos relacionados

Back to top button