EconomíaEconomíaÚltima hora

Segundo o OEOu os efectos do Covid-19 “poderían afectar a máis do 65 % dos autónomos e ao 50 % dos traballadores” na provincia

A primeira aproximación do Observatorio Económico Ourensán ao impacto potencial da crise do coronavirus no emprego provincial revela que "a maior afectación darase en autónomos e micro empresas"

Establecemento que permanece pechado polo estado de alarma.

 

Autónomos e micro empresas. Son, segundo a primeira aproximación do Observatorio Económico Ourensán (OEOu) ao impacto potencial da crise do coronavirus no emprego provincial, os máis afectados. En concreto, o informe que impulsa a Deputación de Ourense para coñecer a situación socio-económica da provincia, conclúe que os efectos do Covid-19 “poderían chegar a afectar de forma directa á ocupación de máis do 65% dos autónomos da provincia e do 50% dos traballadores”.

Segundo o Observatorio, a afectación de autónomos e micro empresas será debida “á existencia dunha maior concentración desta tipoloxía de ocupados nas actividades máis intensamente afectadas polo peche; a súa menor capacidade de resistencia e polo tanto a súa maior vulnerabilidade económico-financiera; e á menor cobertura da que dispoñen moitos dos autónomos derivadas da súa elección de bases de cotización menores”.

A estimación sobre o impacto potencial que podería chegar a ter o parón de actividade, realizouse utilizando metodoloxías habituais para estes casos, “tomando como cifras de referencia os 23.441 autónomos que, en termo medio, cotizaron na provincia de Ourense durante o pasado mes de marzo e a súa distribución por actividades, analizando dous escenarios posibles: un base e outro adverso.

 

Táboa 1. Efecto potencial da crise sobre o emprego autónomo.

 

Táboa 2. Efecto potencial da crise sobre o emprego de réxime xeral.

 

O informe pode consultarse na web do OEOu.

Artigos relacionados

Back to top button