DeportesÚltima hora

Segundo un comunicado da RFGF “todas as competicións e eventos deportivos, de ámbito estatal disputaranse tamén en Galicia a porta pechada”

A decisión tómase seguindo as recomendacións da Federación Española, á vista da evolución da situación xerada pola transmisión do COVID-19

 

A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) vén de emitir un comunicado oficial “seguindo as recomendacións da Federación Española a través da circular que enviou ás Federacións Territoriais onde lles traslada que, á vista da evolución da situación xerada pola transmisión do COVID-19, o Consello Superior de Deportes informou da adopción por parte do Goberno de España dun conxunto de medidas preventivas entre as que se atopan a celebración de todas as competicións e eventos deportivos, profesionais e non profesionais, de ámbito estatal e internacional a porta pechada”.

Así, “todas as competicións e eventos deportivos, profesionais e non profesionais, de ámbito estatal e internacional xogaranse tamén en Galicia a porta pechada ata novo aviso”. Estas decisións estarán suxeitas aos cambios que se nos aconsellen en cada momento desde as autoridades sanitarias e deportivas.

As categorías que se ven afectadas son as seguintes:

Primeira División
Segunda División
Segunda División B
Terceira División
División de Honra Xuvenil
Liga Nacional Xuvenil
Primeira Iberdrola
Reto Iberdrola
Primeira Nacional Feminina
Primeira División de Fútbol Sala
Segunda División de Fútbol Sala
Segunda División B de Fútbol Sala
Terceira División de Fútbol Sala

En canto á competición do fútbol afeccionado e fútbol base en Galicia, a RFGF “mantense á espera da decisión das autoridades autonómicas competentes”.

Mañá terá lugar en Santiago de Compostela unha reunión da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia con todas as Federacións Deportivas Galegas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close