CulturaCulturaMúsica

Seguridad Social, o prato forte musical do Cristo no Barco

O grupo actuará ao redor da medianoite do venres 12 de setembro na praza Andrés de Prada
Os membros do grupo Seguridad Social.
Os membros do grupo Seguridad Social.

Da música tradicional galega ao pop nacional de tódolos tempos, da banda á música coral e de baile. A oferta musical das festas do Cristo é sempre ampla e variada e este ano non será unha excepción. Partindo do pregón, coa actuación do Orfeón Valdeorrés e membros do Conservatorio, e rematando co directo de Najla Shami.

Cantora e compositora nacida en Compostela, filla de tres culturas: palestina, galega e arxentina, Najla comeza en coros polifónicos e formacións de música tradicional galega e máis tarde as súas composicións viran máis persoais e a súa voz vese influenciada por estilos coma o jazz, o funk e o world music. Gradualmente incorpora novas influenzas na súa linguaxe, achegando sonoridades de Portugal, Brasil e África que mestura coas súas raíces e co jazz, e imprimen unha profunda pegada na súa evolución.

E entre o Orfeón e Najla a actuación de orquestras, bandas de música e grupos de referencia a nivel galego e nacional.
Con todo, o concerto estrela será sen dúbida o de Seguridad Social, previsto para o 12 de setembro na praza Andrés de Prada. Cunha longa traxectoria no panorama musical, a banda valenciana, un referente na “Movida Madrileña” e do rock español, achegarase ata Valdeorras para facer bailar a mozos e maiores ao ritmo do seu punk skatalítico.
O 12 de setembro tamén actuará Brincadeira. Os barquenses Son do Sil farano o día 13, e Faltriqueira o 14.

Texto: Mónica G. Bellver
Máis información na edición en papel do Especial Cristo do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button