EconomíaEconomíaViticultura

Seguridade laboral e produción integrada no sector vitivinícola, en abril na Aula Uned da Rúa

O curso desenvolverase os días 17,18 e 24 de abril (venres pola tarde e sábados pola mañá)

 

Partindo de que o auxe no sector vitivinícola fai que a formación se amplíe a novas áreas de coñecemento, o vindeiro mes de abril a aula Uned da Rúa impartirá formación en prevención de riscos laborais aplicado a ese sector: traballo nas adegas, prevención de danos, primeiros auxilios,etc.

A producción integrada será obxecto doutra das ponencias, estudando a súa normativa, requisitos e aplicabilidade na zona. A técnica de biodinámica como comparativa cos métodos tradicionais pechará o curso que se celebrará  os días 17,18 e 24 de abril cun total de 15 horas (12 presenciais e 3 a distancia).

A actividade formativa na Rúa, dirixida a profesionais e estudantes do sector vitivinícola, e interesados en xeral, ten como novidade a opción de matricularse na modalidade presencial ou online, e dentro desta en directo ou en diferido, facilitando así a asistencia de alumnos que non poiden desprazarse ata o centro.

Más información e inscrición no seguinte enlace: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/21926

As imaxes corresponden á práctica de campo do curso de técnicas de viticultura celebrado a pasada fin de semana.

Artigos relacionados

Back to top button