EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

Seis alumnos de Valdeorras e Quiroga, premiados no II Concurso de Ilustración infantil do Clúster da Pizarra

 

O II Concurso de Ilustración para nenos e nenas en idade escolar que promove o Clúster da Pizarra de Galicia xa ten ganadores. No certame establecéronse dúas categorías (alumnos de 5º e 6º de Primaria, por unha banda, e alumnos de ESO polo outro). Na categoría de ESO resultou gañadora dun cheque de 300 euros e un obsequio Natalia Álvarez, de 3º da ESO do IES Quiroga. A continuación, quedou clasificada Julia Patricia Ghirvan, de 1º da ESO do CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo e o terceiro premio foi para Kevin Fernandes de 3º da ESO no Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo. A segunda clasificada gañou 150 euros máis un obsequio e o terceiro 50 euros e tamén un agasallo.

En 5º e 6º de Primaria, os gañadores foron, en primeiro lugar, Miguel Ángel Ríos, de 5º de Primaria no CPR Divina Pastora do Barco. Gañou 300 euros e un agasallo. Seguiulle Aliena Rodríguez, de 5º de Primaria no mesmo centro, que levou 150 euros e un obseguio e, en terceiro lugar, clasificouse Irene Arias Núñez, tamén de 5º de Primaria neste centro, que gañou 50 euros máis un agasallo.

Podían participar nesta convocatoria todos os alumnos de 5º e 6º de Primaria, así como o alumnado de ESO, dos centros educativos de Valdeorras, Quiroga, Trives e Viana.

Os debuxos debían ser inéditos e cada participante podía presentar unha única proposta, que fose creación propia e orixinal. A ilustración debía mostrar a importancia que o sector da lousa ten para a contorna de Valdeorras e os seus habitantes.

Artigos relacionados

Back to top button