SanidadeÚltima hora

Seis novos falecementos de persoas diagnosticadas por Covid na provincia

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nas últimas horas en Galicia de oito persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, seis delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 86 anos (procedente de Residencia Nosa Señora do Viso, Lobeira), dun home de 86 anos (procedente da Residencia Os Gozos, Pereiro de Aguiar), dun home de 67 anos, dun home de 94 anos e doutro de 78 anos. Todos eles estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Ademais falecía outro home de 87 anos na Residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar.

Galicia rexistra outros dos decesos: unha muller de 85 anos que estaba no Complexo Hospitalario de Pontevedra e un home de 75 anos que falecía na Residencia Domus VI de Oleiros (A Coruña).

As oito persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close