SanidadeÚltima hora

Seis novos falecidos con Covid en Galicia, un deles na provincia

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento nas últimas horas en Galicia de seis persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 87 anos que faleceu no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Presentaba patoloxías previas.

Ademais perdían a vida outras cinco persoas en Galicia: un home de 79 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, un home de 56 anos e unha muller de 96 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, un home de 86 anos no hospital HM-Modelo-Belén na Coruña e un home de 92 anos (procedente da residencia San Cibrao de Cervo) no Hospital da Mariña. Todos eles tiñan patoloxías previas

Ademais Sanidade confirma que “a muller de 92 anos que faleceu no Hospital da Mariña e da que informamos o sábado, procedía da Residencia San Cibrao de Cervo”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close