OurenseÚltima hora

Seis ourensáns acadan un premio no IV Concurso de Clarinete “Cidade de Ourense”

O certame celebrouse os días 10 e 11 de febreiro no Conservatorio Profesional de Música
Foto dalgúns dos premiados.

A pasada fin de semana -10 e 11 de febreiro- celebrouse no Conservatorio Profesional de Música de Ourense o IV Concurso de Clarinete “Cidade de Ourense” e o I Festival para o alumnado con NEE. Ambos os dous desenvolvéronse con notable éxito. O concurso tivo unha participación duns 50 participantes, segundo sinalaron dende a organización. Todos eles vindos de diferentes puntos da xeografía galega, española e incluso de Portugal ou Alemaña, entre outros.

O xurado estivo formado por Pedro Rubio do Conservatorio Superior de Música de Madrid; Vitor Matos, da Universidade do Minho; Santiago Comesaña do Conservatorio Profesional de Ourense; Roberto Noche, do Conservatorio Superior de Vigo e D. Joaquin Meijide da Banda Municipal da Coruña.

En canto aos premiados, 6 deles foron ourensáns, quedando o palmarés do seguinte xeito: na categoría A o primeiro premio foi para Joao Carlos Teixeira; o segundo para Juan José López e o terceiro para Joao Danial Pinho. O accésit foi para Alberto Sánchez.

A categoría B tivo como primeiro premiado a Pablo Pombar; en segunda posición quedou Pablo Forte e, en terceiro posto, Liliana Pereira Barbosa. O accésit foi para Andrés Rodríguez. Pola súa banda, Saray Fernández foi a premiada na categoría C, xusto por riba de Gerardo Barge e Gladys Lucía Hermida, que quedaron en segundo e terceiro posto, respectivamente. O accésit desta categoría foi para Andrés Núñez.

Finalmente, na categoría D, o primeiro premio acadouno Zaira Álvarez Garrido, seguida por Daniela Pérez Casal e Leire Nieves Varela.

Artigos relacionados

Back to top button