DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A selección española do valdeorrés Lucas Mondelo loitará polo ouro no Eurobasket feminino

O combinado español vencía nas semininais a Bélxica na tarde do 24 de xuño e na tarde do domingo desputará a final

Dominando dende o primeiro momento e facendo gala dun excelente xogo, a selección española senior de baloncesto feminino, dirixida polo valdeorrés Lucas Mondelo, vén de vencer a Bélxica nas semifinais na tarde do 24 de xuño e de asegurarse unha medalla no Eurobasket feminino que se está a desputar na República Checa. Impoñíase no Praga Arena por 68 a 52 ante un equipo belga cunha actitude e actuación moi diferente á demostrado nos outros encontros do europeo. O equipo español chegou a ter unha vantaxe de ata 20 puntos no derradeiro cuarto do partido.

Deste xeito, España segue facendo historia da man de Lucas Mondelo. Agora prepárase para o que será a cuarta final que xoga en cinco anos en torneos internacionais, na que se medirá con Francia, que vencía nas semifinais a Grecia.

Este será o terceiro europeo consecutivo para Lucas Mondelo que se fará coa súa terceira medalla nesta competición. Só falta que se decida a cor.

De novo neste encontro tanto Mondelo como o resto do equipo estivo respaldado por dende as bancadas por familiares, algúns deles chegados dende Valdeorras, como é o caso de Pedro García, que ten estado seguindo dende o principio o campionato, portando sempre a bandeira do Barco co nome da familia Careca. Tamén estaba a súa nai, á que pode verse xunto a Lucas Mondelo na bancada vendo o partido Grecia-Francia, na última imaxe desta galería de fotos.

Xa teñen as entradas para unha final que promete e que se xogará mañá ás oito e media da tarde.

Artigos relacionados

Back to top button