EconomíaEconomíaÚltima hora

Selo valdeorrés na campaña das Letras Galegas da Xunta

 

A Xunta de Galicia estrea campaña de celebración do Día das Letras Galegas que pon o foco en todas as súas formas e expresións: as letras como literatura, como arte, como música, como vía de comunicarnos a través de mensaxes, de fíos, de chíos…

Unha festa interxeracional da lingua galega que traspasa os libros, atravesa as rúas e non ten fronteiras. “O homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán, comparte protagonismo co noso pasado literario como Rosalía e co noso presente musical como as Tanxugueiras. A festa da nosa letras como festa da nosa cultura, de todo o que nos une”, aseguran dende a Xunta.

Baixo estos códigos festivos, ademáis do spot, a campaña componse tamén dunha peza gráfica onde as letras son as homenexeadas e enmarcadas, como símbolo de algo que é preciso poñer en valor. Unha campaña creada pola axencia IDEA da que o barquense Víctor Miranda é responsable de márketing. “Nos meus 15 anos de traballo é a primeira vez que facemos unha campaña desde Idea por un valdeorrés o que supón un orgullo”, asegura Víctor.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button