CulturaCulturaÚltima hora

Selo valdeorrés nos Premios Ondas 2019

A serie "Hierro", con produción executiva do petinés Alfonso Blanco, vén de conseguir dous destes galardóns

 

A serie televisiva “Hierro”, coproducida pola galega Portocabo, xunto con ARTE France, Atlantique Productions e Movistar +, fíxose nesta ocasión con Premio Ondas á Mellor Interpretación para Candela Peña e o Premio Ondas á Mellor ficción (ex aequo con Arde Madrid) “por combinar valores decisivos nunha serie de televisión: un guión que nunca decae, unha actuación esixente e unha paisaxe que acompaña á trama com un elemento primordial da obra. “Hierro” é un espectáculo e un drama, funciona como thriller e como un poema da terra e do mal”.

 

O produtor petinés, Alfonso Blanco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Con dirección de Jorge Coira, produción executiva do valdeorrés Alfonso Blanco (natural de Freixido de Abaixo, Petín), un equipo de guión formado por Fran Araújo, Araceli Gonda, Coral Cruz, Carlos Portela, Pepe Coira, e baseándose nunha idea orixinal deste último, a serie narra a historia de Candela (Candela Peña), xuíza experta e de forte carácter.

Nada máis chegar ao seu novo destino, El Hierro, a esta maxistrada tócalle enfrontarse a un caso de asasinato. Todos alí pensan que o culpable é Díaz (Dario Grandinetti), un turbio empresario, tan empeñado como a xuíza en atopar ao asasino. Ela, por facer o seu traballo. El, por demostrar a súa inocencia. Ambos adentraranse nun camiño físico e emocional… cara “ao inferno que comeza no paraíso”.

Artigos relacionados

Back to top button