CulturaCulturaEducaciónOurense

Semana Cultural A Chavasqueira, do 10 ao 18 de maio en Ourense

O programa promove a participación cidadá dos veciños en deporte, medio ambiente, termalismo, saúde e cultura
Imaxe do díptico.
Imaxe do díptico.

Do sábado 10 de maio ao domingo 18, Ourense acollerá a Semana Cultural A Chavasqueira 2014, que incluirá deporte, medio ambiente, termalismo, saúde, participación cidadá e cultura

A programación arrancará o sábado, Día do Deporte, ás 10h. co III Torneo de hoquei A Chavasqueira para as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete mixto.

Para o martes 13 de maio, hai programadas dúas actividades: ás 18h. e con motivo do Día do Medio Ambiente haberá unha charla sobre o programa “Como Ourense” e as hortas de Montealegre, así como sobre a reciclaxe do aceite doméstico. Unha hora máis tarde (19h.) conmemorarase o Día do Termalismo cunha conferencia a cargo da doutora Marita Souto Figueroa sobre “Os piares do termalismo a toda a poboación”.

O mércores 14 de maio, tocaralle o turno á saúde con dúas actividades: unha ás 17:30h. sobre pilates e outra ás 19h. sobre hixiente alimentaria.

O xoves 15 de maio, será o Día da Cultura coa representación da obra “1, 2 ,3 splash na Chavasqueira” ás 18:30h. a cargo do grupo de teatro Trécola. Ese día haberá asemade unha exhibición de cursos de ximnasia (pilates, baile, step e zumba).

O venres16 de maio, Día da Participación Cidadá, ás 19h. clausuraranse os cursos 2013-2014 coa actuación das cantareiras da Chavasqueira, e o domingo 18 de maio, o VIII Día Termal A Chavasqueira, porá o broche de ouro cun completo programa de actividades. A xornada comezará cunha andaina prevista para as 10h. Ás 12h, haberá unha conferencia sobre saúde e deporte, e ás 14h. unha exhibición de danza do ventre. Un xantar popular ás 14:30h. e xa pola tarde baile, teatro e a actuación estelar de María do Ceo.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button