Galerías de fotosÚltima hora

Semana da Música no Pablo VI-Fátima da Rúa

A finais de novembro, o colexio Pablo VI-Fátima da Rúa celebraba A Semana da Música. Cinco días nos cales as profesoras de música Mª Carmen e Nati coa colaboración de todo o colexio, deron a coñecer a artistas noveis e diferentes instrumentos con actividades cheas de cor e creatividade como como unha exposición na entrada do centro.

Como broche ao programa de actividades, o venres 27 celebrouses o festival “onde contamos coa actuación dun cantante estelar, Miguel Arias, que nos amenizou e deleitou coa súa voz e as súas cancións”, explican dende o Pablo VI, engandindo que no mesmo acto participaron alumnos do colexio, tocando os seus instrumentos favoritos así como con bailes por parte dos nenos de Primaria.

Fotos cedidas polo colexio Pablo VI.

Artigos relacionados

Back to top button