CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

“Semana das Letras Galegas”, na Biblioteca Municipal da Rúa

Propón dúas actividades a través das redes sociais para traballar sobre a obra e a figura de Carvalho Calero

 

Neste mes de maio tampouco na Rúa será posible a organización de actos con público polo Día das Letras Galegas, pero si se están a desenvolver actividades para celebrar esta festa da cultura galega.

Así do 11 ao 17 de maio, a Biblioteca Municipal da Rúa está a celebrar a “Semana das Letras Galegas” con propostas para nenos e maiores nas que se divulga a obra e a figura de Ricardo Carballo (Carvalho) Calero, autor homenaxeado este ano.

Así, dende a Biblioteca ruesa anímase a participar, dende casa, en diversas actividades relacionadas con dúas obras moi coñecidas do escritor. Unha delas, pensada para os máis pequenos, xira arredor da obra “As pitas baixo a choiva”, un “fermoso conto infantil, para ler e tamén realizar debuxos e marcadores de páxinas de forma libre (pita, galo, paraugas…choiva)”, indican dende a biblioteca.

Por outra banda, proponse traballar sobre a “Farsa das zocas”, unha “divertida peza teatral para maiorciños e adultos. Animo aos usuarios que lles gusta o teatro, a realizar a lectura continuada desta obra, ou a súa representación”, sinalan da Biblioteca da Rúa.

Nese senso, agárdase que os seus usuarios remitan fotografías, vídeos e outros traballos relacionados con estas dúas actividades ao correo electrónico bibliorua@hotmail.com para poder compartirlos a través das redes sociais.

Artigos relacionados

Back to top button