ConcellosÚltima hora

Semana de festexos no Carballiño

Panorama, Aché e París de Noia, nas festas de S. Cibrao, do 13 ao 18 de setembro
Imaxe da procesión de San Cibrao no Carballiño./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe da procesión de San Cibrao no Carballiño./ Foto: Carlos G. Hervella.

Xusto un mes despois de celebrar a LII edición da festa do Pulpo, unha das citas gastronómicas máis multitudinarias do verán, o concello ourensán do Carballiño prepárase para acoller os festexos patronais na honra a San Cibrao. O programa, organizado por unha comisión de festas, inclúe actividades dende o venres 13 ata o xoves 18 de setembro.

Como en toda festa popular, as bombas de palenque as que daban o pistoletazo de saída o día 13, dando paso á apertura da feira de artesanía e antigüidades con obradoiros de oficios tradicionais. Con todo, foi a lectura do pregón na praza Maior ás 21h., seguida da inauguración do alumeado Artístico San Cibrao 2014, quen abría de forma oficial as festas que ese día estaban amenizadas por un festival de grupos locais: “El Negro Vivas” Trío; Franklyn; Susie Q’s; Kambotes; e Upcoming of Devastation.

O programa continuaba o sábado día 14, coa apertura da mostra de artesanía e unha nova alborada con bombas e pasarrúas de xigantes e cabezóns coa charanga Filatrónika do Doutor Anchoa e a Banda de Música do Carballiño, entre outros actos, e o luns 15 amencerá co LXX concurso comarcal de gando raza Rubia Galega, e de novo alboradas e pasarrúas ao longo de todo o día amenizadas pola charanga Os Centellas. Tamén haberá actividades para os cativos e pola tarde-noite actuación das orquestras La Oca e Charleston.

Seguindo un esquema parecido, e trala alborada de bombas, o martes 16 a charanga Castro Bello será a que acompañe aos xigantes e cabezóns polas rúas do Carballiño, pola mañá e tamén pola tarde. Para a noite, esta reservada a actuación das orquestras Claxon e Tequila, así como a gran tirada de “Fogo Voador” na praza da Veracruz, a cargo da Pirotecnia La Gallega.

Co ceo iluminado, chegamos ao día grande das festas na vila do Arenteiro, o mércores 17 de setembro, coa procesión ás 11:30h. na honra a San Cibrao polas rúas Real e Aldara que rematará coa celebración da misa solemne no templo da Veracruz, presidida polo bispo de Astorga D. Camilo Lorenzo. Ese día os pasarrúas correrán por conta da Banda de Música de Vilatuxe e Os Chispas.

Texto: Mónica G. Bellver
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button