DeportesÚltima hora

Semana deportiva en San Xoán de Río

O martes haberá un torneo de bádminton e o mércores outro de fútbol-tenis
Cartel do torneo de bádminton.

En San Xoán de Río propuxéronse ofertar actividades para todos os gustos e idades tamén no eido deportivo, con dúas interesantes propostas para esta semana.

Da man do Concello, en colaboración coa Asociación Cultural RíoMola, mañá martes 6 de agosto celebrarase un torneo de bádminton (parecido ao tenis que se xoga con volante ou pluma en lugar de pelota) no pavillón municipal a partir das 17h.  para as categorías júnior e sénior.

E ao día seguinte, no mesmo lugar e á mesma hora terá lugar un campionato por parellas de fútbol-tenis. Trátase dunha actividade que combina aspectos dos dous deportes que lle dan nome. Xógase cunha pelota de fútbol, utilizando calquera parte do corpo menos as mans e os brazos, para pasala dun lado a outro da rede.

 

Cartel do campionato de fútbol-tenis.

Artigos relacionados

Back to top button