ConcellosÚltima hora

Semana Santa ao vivo en Allariz

Do 2 ao 5 de abril sucederanse as actividades no casco histórico da localidade ourensá
Programa da Semana Santa ao vivo en Allariz.
Programa da Semana Santa ao vivo en Allariz.

Actuacións de rúa en pleno casco histórico ademais de mercados, obradoiros para nenos e visitas guiadas ao Rexo centran a Semana Santa ao Vivo en Allariz, cun programa que se desenvolverá do xoves 2 ao domingo 5 de abril.

Neses días haberá música ambiental nas rúas do casco histórico, protagonizada por Arrueiro, La dama de gris e os alaricanos Jenni & Nico e Feitizo. A Banda Unión Musical de Allariz tamén terá o seu espazo o domingo, na Praza Maior, con músicas de cine.

O patio do Museo do Coiro acollerá o Mercado de Artesanía e o Mercado da Reserva da Biosfera amplía o seu horario o sábado, sendo esta, ademais, unha xornada de divulgación sobre herbas aromáticas e culinarias.

Os nenos e nenas terán unha programación específica, o sábado e domingo, coa instalación, na Praza Maior, dunha ludoteca con xoguetes de madeira populares e tradicionais.

Amais haberá visitas ao Rexo para nenos e adultos e actuacións musicais en varios locais hostaleiros. Os museos municipais ampliarán o horario para atender a demanda nestes días.

Artigos relacionados

Back to top button