EconomíaEconomíaÚltima hora

Sementes de flores como agasallo

O Barco CCA estrea o mes de maio cunha nova campaña para celebrar o Día da Nai
Detalle dos bulbos de flor cos que agasallará aos clientes do CCA./ Foto: Carlos G. Hervella.
Detalle dos bulbos de flor cos que agasallará aos clientes do CCA./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) estrea novas accións en maio. Despois da boa acollida das realizadas en abril, unha das novas iniciativas estará centrada no Día da Nai, o vindeiro 3 de maio.

“Como novidade este ano, e para incentivar as compras realizadas con motivo do Día da Nai, imos poñer en marcha unha nova campaña”, indican dende esta asociación empresarial valdeorresa. A iniciativa inclúe, entre outras cuestións, agasallar con bulbos de flor aos clientes que nestas datas merquen nos establecementos asociados ao CCA.

Os bulbos presentáranse empaquetados cun adhesivo co lema da campaña, “Para as nais que plantan os seus soños no Barco”. Repartiranse coas compras realizadas o 2 de maio. Esta campaña, coa que se pretende premiar a fidelidade do público ao comercio do seu pobo, será asemade anunciada con cartaces en cada un dos locais participantes.

Artigos relacionados

Back to top button