ConcellosÚltima hora

Seminario “Desenvolvemento Rural Leader”, o 11 de outubro no Barco

Esta acción, promovida polo GRD Valdeorras, comezará ás 10h. na Casa Grande de Viloira

Dentro dos obxectivos de divulgación e dinamización do Grupo de Desenvolvemento Rural de Valdeorras (GDR7) enmárase o Seminario “Desenvolvemento Rural Leader” que se impartirá na mañá do 11 de outubro na Casa Grande de Viloira (O Barco). Nela participarán diversos expertos dos ámbitos institucional, empresarial e político que abordarán os retos do programa europeo Leader para Valdeorras.

O programa encetarase ás dez da mañá cun acto inaugural no que estará presente a presidenta do GDR7, María Carmen González. De seguido, José Andrés García, presidente da Red Estatal de Desenvolvemento Rural (REDER) abordará os “principios de aplicación Leader período 2014-2020”. Posteriormente darase paso a unha mesa de debate en torno á estratexia Leader e Valdeorras, moderada polo xerente do GDR7, Luis Antonio Rodríguez, na que participarán Asunción Arias, presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras; Severino González, xerente do Clúster da Pizarra de Galicia; o alcalde de Vilamartín, Enrique Barreiro e o director comercial da cooperativa do Barco, Alfredo Vázquez.

Finalmente terá lugar un obradoiro de experiencias Leader, moderada por Víctor Jolín, coordinador da Rede Estatal de Desenvolvemento Rural.

Artigos relacionados

Back to top button