CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Seminario-obradoiro sobre conservas vexetais, o 22 de novembro en Quiroga

Será organizado por AMIAQUIGAL e impartirase no IES Quiroga a partires das 19h.

Preparar as olivas na casa para o seu posterior consumo como aceitunas salgadas ou aliñadas é posible e pode facerse de forma segura. É algo que se amosará no decurso do “Seminario-obradoiro de introdución teórico-práctica á preparación e estabilización de conservas vexetais” que se impartirá o mércores 22 de novembro a partires das 19h. nas dependencias do IES de Quiroga (rúa Pereiro s/n).

Esta iniciativa, organizada pola Amigos dos Aceites de Quiroga e Gallaecia (AMIAQUIGAL), busca “recuperar e pór ao día algunhas receitas herdadas dos nosos avós, pero coa premisa de que a tradición non está rifada coa anovación e baixo o concepto de artesanar a industria e non industrializar a artesanía, como parece que está a suceder nos últimos tempos”, segundo indica o presidente desta entidade, José Espinosa.

O obradoiro, con 25 prazas, está dirixido a persoas que queiran “elaborar aceitunas con base en salazón, de xeito artesanal e coa seguranza da sua conservación e sanidade sen risco de desenrolo de microorganismos que poidan supoñer perigo para a saude”, segundo os promotores. Ademais pode resultar de especial interese para aqueles que contando cunha plantación xove, “a cantidade de aceitunas de que dispoñen é escasa para a obtención de aceite, sen esquencer que o destino de olivas para o consumo directo pode ser unha alternativa mais para o sector”.

No decurso do seminario abordarase “a elaboración de salgados, o establecemento das conscentracións salinas e o acadado dunha acidez que permita a seguridade na conserva, nivel que se acada co engadido de ácido cítrico ou acético en cantidade suficiente, destacando que a súa determinación pódese establecer mediante a lectura da acidez con indicadores ou mediante un pH-metro ou ben engadir a cantidade de sustancia pura que se requira previamente calculada”, din dende AMIAQUIGAL.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través do correo espinosa@edu.xunta.es indicando nome e apelidos e unha segunda data alternativa para o caso de estar fora do cupo de aforo.

Artigos relacionados

Back to top button