CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Sen calefacción no CEIP Manuel Respino da Rúa

Un problema na caldeira, que segue sen arranxar, impedíu o seu acendido

Fachada principal do CEIP Manuel Respino da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

No CEIP Manuel Respino da Rúa atópanse nunha situación delicada, xa que a día de hoxe, malia a brusca baixada das temperaturas, a calefacción aínda non se encendeu obrigando aos alumnos a asistir a clase con roupa de abrigo. O motivo non é outro que un problema na caldeira, que non funciona e “además ten fugas de combustible”.

Así o aseguran dende a ANPA deste colexio rues que vén de amosar a súa preocupación e malestar. “Durante as inundacións que tiveron lugar no centro no mes de setembro do ano 2018, prodúxose a entrada de gran cantidade de auga no depósito de combustible co conseguinte perigo de contaminación”, explican, engadindo que “a Consellería de Educación decidira acometer as obras de cambio da devandita caldeira durante as vacacións escolares de verán”, obras que a estas alturas aínda non se levaron a cabo.

Neste momento a comunidade educativa está pendente dunha solución e esperan que “as obras se leven a cabo con urxencia, debido ás previsións de malas condicións meteorolóxicas nos vindeiros días”. De non ser así non descartan outras medidas de protesta, e incluso a “non asistencia dos alumn@s ao centro”, aseguran os representantes dos pais e nais dos alumnos.

 

Artigos relacionados

Back to top button