DeportesFútbolÚltima horaVerín CF

Sen goles no Verín CF-UD Barbadás disputado no campo verinés José Arjiz

O partido correspondente á 4ª xornada de liga no subgrupo B da Preferente Sur resolvíase co empate a ceros no marcador

 

Unha vitoria, unha derrota e dous empates. Son os resultados para o Verín CF no inicio desta peculiar tempada en Preferente. Unha competición cuxa primeira fase comezaba o 28 de marzo e que rematará o 30 de maio.

O plantel verinés, recén ascendido á categoría e un ano máis con Manel Vázquez á fronte do equipo técnico, abría a copetición coa vitoria pola mínima (gol de Hugo), no campo do Nogueira de Ramuín, outro dos recén ascendidos. Só catro días despois disputaban a segunda xornada, xa en casa (no campo José Arjiz), na que lograban salvar un punto tralo empate a uns contra o Atlético Arnoia (gol de Guede para os visitantes).

 

 

A primeira derrota da tempada chegaba na terceira xornada, no campo do CD Velle que vencía 2-1 aos vermellos (o seu único tanto era obra de Guede); e xa na tarde deste domingo 11 de abril disputábase, de novo no campo verinés José Arjiz, o partido correspondente á cuarta xornada que se saldaba cun novo empate, desta volta a ceros ante a UD Barbadás.

Un resultado que non reflicte a intensidade dun encontro no que ámbolos dous equipo saíron a pelexar cada balón, aínda que o Barbadás lograba dominar boa parte da primeira metade. A presión dos de Agustín Ruíz era tal que reducían o feudo local á metade, deixando aos verineses algunha que outra oportunidade á contra, pero sen excesivo perigo. A situación cambiaba na segunda metade do partido, e a entrada de Adil daba ás aos de Manel Vázquez no primeiro tercio. Con todo, o gol non chegaba e ámbalas dúas escuadras comezaban a acusar o desgaste e as poucas oportunidades que protagonizaron antes del pitido final chegaban por arriba ou con algún que outro balón morto. Ao final 0-0 no marcador e reparto de puntos, nun partido cunha boa entrada marcado polas medidas nanitarias vixentes.

A seguinte cita para os vermellos será o 18 de abril no campo do Polígono San Cibrao.

 

O míster do Verín CF, Manel Vázquez.

 

Título de campión da liga 2019/2020

Antes do comezo do partido de liga en Preferente disputado nunha soleada tarde de domingo, o Verín CF recibía de mans do vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol, José Manuel Fernández e do delegado en Ourense Raúl Rois, o título de campión da tempada 19/20. Os equipos da base, EDC Verín, tamén recibían o seu correspondente diploma polos respectivos ascensos á liga galega cadete e infantil.

 

O capitán do Verín, xunto ao presidente e vicepresidente do club, José Manuel Zubiela e Juan Carlos Francisco, co título.
Directivos do Verín e representantes da Federación Galega de Fútbol entrando ao campo cos diplomas.
O equipo cadete co seu diploma.

 

Representantes dos equipos infantil e cadete do Verín CF cos seus correspondentes diplomas.

Artigos relacionados

Back to top button