ConcellosÚltima hora

A senda peonil da OU-302 ao seu paso por Allariz xa está rematada

 

A inversión nesta senda peonil foi de 232.000 euros. 

A Xunta de Galicia vén de rematar os traballos na senda peonil na estrada OU-302, ao seu paso por Allariz. En total, o Goberno Galego investíu 232.000 euros nestes traballos. A conselleira de Ifraestruturas, Ethel Vázquez, e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, supervisaron hoxe, 29 de marzo, esta nova senda peonil.

A Conselleira  indicou que este proxecto está enmarcado no Plan de Sendas de Galicia, que na comarca de Ourense prevé a execución de 13 novas sendas, “seguras e sostibles”, dixo, ás que se van destinar máis de 2,6 millóns de euros. A titular de Infraestruturas subliñou que a nova senda achega “máis seguridade, maior comodidade e funcionalidade aos veciños de Allariz, ao conectar as vivendas existentes en Outeiro de Orraca co centro urbano da vila”, onde se atopan os principais servizos e equipamentos.

Esta actuación, de case 2 km de lonxitude, permite conectar o núcleo de Allariz co de Outeiro de Orraca. Pola marxe esquerda executáronse 150 metros de senda, dando continuidade á beirarrúa existente, e na marxe dereita da estrada construíuse a senda completa, ao longo de 1,7 km, ata o final da travesía de Outeiro de Orraca. O proxecto completouse coa construción dunha rede de recollida de pluviais e coa renovación dun treito da tubaxe de abastecemento.

Dende a Xunta indican que esta senda vén a completar unha actuación rematada a finais de 2015, o itinerario peonil de medio quilómetro de lonxitude que se inicia na travesía de Gundiás e remata na intersección coa N-525, e que contou cun investimento da Xunta de 75.000 euros.

 

Artigos relacionados

Back to top button