DeportesÚltima hora

Sendeirismo entre lectura e lectura de María Victoria Moreno, en Trives

Nenos e maiores iniciaban o Día das Letras Galegas en Trives cunha ruta de sendeirismo familiar, seguindo a “Ruta das Hortas” a partires das 11:30h. do 17 de maio. Partían dende a Oficina de Turismo da vila e realizaban un fermoso traxecto rodeado de natureza que se ía interrumpindo con diversas paradas nas que se facían lecturas da obra da autora homenaxeada nesta ocasión, María Victoria Moreno.

Despois, desfrutaban dunha exposición das obras desta escritora e participaban nun divertido obradoiro no que os cativos pintaban as súas palabras favoritas en galego, xa na biblioteca.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button