OurenseÚltima hora

Sensibilización e aprendizaxe de primeiros auxilios da man de Cruz Vermella

Segundo os datos da ONG, só en Europa “máis de 3 millóns de persoas sofren accidentes domésticos cada ano”

O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acollía na mañá do 7 de novembro unha actividade de sensibilización e aprendizaxe de primeiros auxilios que contou coa participación activa do persoal da Deputación Provincial, así como de poboación en xeral.

Os voluntarios de Socorros e Emergencias explicaron de forma sinxela e concreta, os pasos a seguir cando se producen queimaduras ou atragantamentos, realizándose asemade demostracións teórico-prácticas de reanimación cardio-pulmonar, DESA, traslado de pacientes, etc.

Dende Cruz Vermella Ourense informan de que só en Europa, “máis de 3 millóns de persoas sofren accidentes domésticos cada ano, de dos cales máis de 7.000 son fatais”. Nese sentido, as feridas máis comúns que ocorren nos fogares son como resultado “de electrocución, queimaduras, envenenamento, afogamento, desmaio, paro cardíaco e caída”, accidentes que afectan a todas as idades, pero que son a causa principal da mortalidade infantil en países desenvolvidos.

Con todo, a maioría de accidentes domésticos “pódense previr”, aseguran dende a ONG, incidindo na necesidade de “ser consciente dos riscos e perigos que representa o entorno doméstico no primeiro paso cara o desenvolvemente dunha cultura de seguridade e prevención no fogar”. Por iso, Cruz Vermella dispón dunha ampla oferta de cursos de Primeros Auxilios que se adaptan tanto ás necesidades de particulares como de colectivos específicos.

Artigos relacionados

Back to top button