ConcellosÚltima horaVídeos

Sentida despedida ao policía local xubilado José Roo, no Barco

O seu funeral oficiábase neste mediodía na igrexa de Santa Rita

 

A partir das 12:30h. iniciábase na igrexa de Santa Rita do Barco o funeral de José Roo Vázquez, policía local xubilado. Familia, amigos, compañeiros de profesión, membros da Corporación barquense, encabezados polo alcalde, e tamén numerosos veciños, entre outras persoas, despedían a este veciño moi coñecido e querido no Barco.

 

 

 

Os seus antigos compañeiros da Policía Local dedicábanlle un saúdo ao chegar o féretro, que despois portaban o seu ferétro ata o interior do templo. Ao finalizar a cerimonia relixiosa, na que se gardaban todas as medidas sanitarias, soaba o himno galego.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button