PolíticaÚltima hora

Serafín Núñez liderará a lista do BNG en Barbadás nas municipais

O BNG presenta unha lista renovada nos primeiros postos, na que figura como número dous Carlos González Durán, veciño da Valenzá, e profesor no CIFP A Farixa, e de número tres a Ahinara Francisco López
Serafín, candidato do BNG á alcaldía de Barbadás./ Foto cedida.

O actual concellleiro de Barbadás, Serafín Núñez, encabezará a candidatura do BNG nas próximas eleccións municipais de maio ao Concello de Barbadás. A candidatura de Núñez contaba co apoio da Asemblea Local do BNG de Barbadás e foi refrendada polo Consello Comarcal do BNG.

O BNG presenta unha lista renovada nos primeiros postos, na que figura como número dous Carlos González Durán, veciño da Valenzá, e profesor no CIFP A Farixa, e de número tres a Ahinara Francisco López, veciña de Sobrado do Bispo que posúe un grado de Ciencias Ambientais e cursa un máster en Enxeñería Ambiental.

Serafín Núñez leva militando no nacionalismo desde o ano 1994, foi concelleiro do BNG en Barbadás entre os anos 2001 e 2004, cargo ao que volveu en 2007 e que desenvolveu ata a actualidade. No último mandato participou no goberno municipal de Barbadás con responsabilidade nas áreas de Servizos Sociais, Sanidade e Participación Veciñal. Desde estes ámbitos traballou para “a mellora da atención á cidadanía en materia social, incrementando as partidas para gastos sociais, impulsando Bolsas de Axuda para a aquelas familias que non obtén praza na Escola Infantil Municipal e materializando a creación do Banco Solidario “Meu, teu, noso” que dende decembro do 2015 vén abrindo as súas portas para recoller e repartir entre as/os usuarias/os de Servizos Sociais (roupa, calzado, alimentación diversa, xoguetes,…), para tentar axudar a aquelas familias con menos recursos do concello”, tal e como se indica dende o BNG.

Para Serafín Núñez “o máis gratificante da participación no goberno é traballar directamente coas persoas, a creación do banco solidario e o incremento das partidas para emerxencia social” así como “ a creación de axudas para garderías e o reparto de fondos entre as asociacións veciñais de maneira xusta e equitativa”.

 

Artigos relacionados

Back to top button