SanidadeÚltima hora

O Sergas aumentará a 22 horas a atención na sala de hemodinámica do CHUO

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, fíxoo público hoxe no Parlamento Galego

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) vai ampliar o horario da sala de Hemodinámica do CHUO para diminuír os tempos de atención no infarto agudo de miocardio entre a diagnose e a apertura da alerta responsable do infarto. Así o anunciou hoxe, 21 de febreiro, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, no Parlamento de Galicia.

Nese eido, o titular de Sanidade subliñou que “se aumentarán os horarios da sala de hemodinámica e que nos vindeiros días a Xerencia comunicará o novo sistema de funcionamento que ampliará a asistencia até as 22 horas”, asegurou.

Facéndose eco desta nova, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, amosou o seu agradecemento a Almuiña de que asumise “a súa reivindicación”, informaron dende o Concello,  con respecto á ampliación de horario da sala de hemodinámica de Ourense, unha reivindicación que tamén veñen facendo tanto os traballadores do Complexo Ourensán como a cidadanía.

Esta proposta tamén fóra tratada no pleno da Deputación do pasado 26 de xaneiro, no que, a través dunha moción do grupo socialista, e referendada polo Partido Popular, propoñían instar á Xunta a que dotase de máis medios á sala de hemodinámica do CHUO e que se mellorasen os tempos de atención de infarto agudo de miocardio, en base ás recomendacións propostas pola Comisión de Seguimento do Rexistro galego de infarto agudo de miocardio. Esta última frase foi engadida pola emenda do Partido Popular.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close