OurenseÚltima hora

Sergio Dalma colabora con Cruz Vermella Ourense

O cantante aproveitou o concerto con Cadena 100 que deu na cidade para apoiar a campaña do Sorteo de Ouro
O cantante Sergio Dalma con traballadoras de Cruz Vermella Ourense. /Foto cedida.
O cantante Sergio Dalma con traballadoras de Cruz Vermella Ourense. /Foto cedida.

O vindeiro martes 19 de xullo á partires das 11:30h. na rúa do Paseo celebrarase en Ourense a última xornada de mesas do Sorteo de Ouro deste ano de Cruz Vermella, un labor solidario ao que se suman cada ano personalidades de distintos ámbitos, como o deporte ou a cultura. Nesta ocasión o presidente provincial da entidade, Felipe Ferreiro, estará acompañado polo alcalde de Ourense, Xesús Vázquez.

Tal como adiantan dende cruz vermella Ourense, o broche musical desta campaña poráo o cantautor Abelardo Basdem, artista dominicano arraigado en Ourense que “ofrecerá a súa voz e o sentimento das súas letras como colaboración especial”. Unha colaboración que se une a outras como as dos cantantes María do Ceo e Sergio Dalma (que o fixo aproveitando o concerto con Cadea 100 que ofreceu na cidade); os monologuistas José Juan Vaquero, Nacho García e Álex Clavero; ou Pilar Rodríguez, presidenta da Asociación de Libreiros de Ourense, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button