OurenseÚltima hora

Sergio Dalma pechará o seu “Tour Vía Dalma III” en Ourense

O cantante catalán dará un concerto o 14 de decembro no Auditorio Municipal
Sergio Dalma en concerto.

A cidade de Ourense será a última parada do Tour Vía Dalma III coa que Sergio Dalma quixo render homenaxe á radio e aqueles “marabillosos anos” nos que como el mesmo di nos seus directos “non había WIFI, nin tiñamos que estar pendentes de ter máis followers ou máis likes. Viviamos, xogabamos e namorabámonos na rúa, escoitando na radio ndas nosas nais ou avoas a novela ou aquelas cancións italianas que elas se empeñaban en tararear”.

Trátase dun espectáculo musical cargado de nostalxia e emocións, no que o cantante catalán fai un percorrido polos clásicos italianos que reinterpreta na súa triloxía Vía Dalma, presetando nesta xira os temas da súa última entrega.

Despois de máis de 65 concertos repartidos polas principais cidades e provincias de España chegando incluso a Arxentina e Chile, cunha impecable posta en escena, novos arranxos dos grandes éxitos que o a acompañaron ao longo da sñua  carreira xunto á súa inconfundible voz, Sergio Dalma chega á recta final da xira que porá o broche en terras galegas.

Será o 14 de decembro ás 20:30h. no Auditorio Municipal de Ourense cun concerto promovido por Cávea Producciones coa colaboración do Concello de Ourense. As entradas xa están á venda en www.ataquilla.com, na sala de exposicións Afundación (praza Maior) e en www.caveaproducciones.com.

Artigos relacionados

Back to top button