CulturaCulturaÚltima hora

Sergio Pazos, actor convidado en Malo será! que chega este xoves a Verín

Este programa de humor que ao mesmo tempo é un espectáculo teatral, desenvolverase no Auditorio
Cartel de Malo será!

Pode pasar calquera cousa… pero malo será! O novo formato da Televisión de Galicia é toda unha homenaxe ao humor en directo no que teatro e televisión fúndense en hora e media de comedia na que pode pasar de todo. O programa chega a Verín este xoves, 12 de xullo, cunha función prevista para ás 21h. no Auditorio Municipal.

Sete actrices e actores da TVG, acompañados de convidados e sorpresas, saen de xira polos teatros de Galicia para facer un espectáculo de sketches cómicos sobre temas universais que será gravado e emitido ao longo do verán. Con Lucía Regueiro como presentadora, Malo será! contará ademais con nomes coñecidos da pequena pantalla: Federico Pérez, Marcos Pereiro, Isabel Blanco, Lucía Veiga, Oswaldo Digón, Sabela Hermida e a participación estelar, en Verín, de Sergio Pazos, e tamén do actor nobel ourensán Aaron Gallego.

As entradas están dispoñibles en ataquilla.com

 

Artigos relacionados

Back to top button