CulturaCulturaÚltima hora

Sergio Pazos chega este xoves a Quiroga co seu espectáculo de monólogos

O actor e humorista ourensán actuará na Cervexería Ruxe Ruxe a partires das 23:30h.
O actor e humorista ourensán, Sergio Pazos.

O actor e humorista Sergio Pazos di que “o ser humano é un ser social por natureza e que se relaciona sobre todo a través da linguaxe”, pero tamén afirma que “hai momentos da vida nos que gozamos falando sos”. Conta que a súa avoa facíao moito “pasaba horas falando soa, con ela mesma sen ningún tipo de prexuízo”. E velaquí a inspiración para o espectáculo que achegará nesta ponte de decembro ata a Cervexería Ruxe Ruxe. Un monólogo de Sergio consigo mesmo pero dialogando co público; ou ao revés, un diálogo co público pero falando con el mesmo.

Recoñecido en televisión polo seu traballo en “Cuéntame” de TVE, series e programas da TVG como “Pratos combinados”, ou “Un nome, unha rúa” e polo mítico programa “Caiga Quien Caiga” Sergio Pazos chega a Quiroga co seu renovado espectáculo de monólogos no que tamén dará a coñecer o seu novo espectáculo “Afiando con humor” no que as historias de afiadores cheas de humor e relacionadas co rural e coa emigración serán as protagonistas.

A cita será este xoves, día 7 ás 23:30h. Entrada, 5 euros.

Artigos relacionados

Back to top button