CulturaCulturaÚltima hora

Sergio Pazos levará este venres os seus monólogos a San Xoán de Río

Presenta "Afiando con humor" na Praza da Igualdade ás 20:00 horas

San Xoán de Río recibirá este vindeiro venres, 7 de agosto, a Sergio Pazos. O ourensán presentará o seu monólogo “Afiando con humor”.

A actividade terá lugar na Praza da Igualdade ás 20:00 horas. Estrea unha nova proposta na que afía o humor do país partindo dunha das nosas principais iconas: o afiador. O actor aproveita que vén de Ourense, coñecida como a “terra da chispa” por ser terra de afiadores, e métese na pel dun deles para contarlle á xente quen son, de onde veñen e onde van estas persoas que sempre percorreron o mundo contando historias do que vían, do que vivían e do que escoitaban

 

Cartel da actividade.

Artigos relacionados

Back to top button