ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Do Sermón das 7 palabras á procesión do Santo Enterro, na Rúa Vella

O Desencravo de Cristo é outro dos actos representativos da Semana Santa na parroquia de Santo Estevo

Despois da procesión do Encontro celebrada pola mañá, a parroquia de Santo Estevo na rúa, abría a tarde do Venres Santo co Sermón das 7 palabras, seguido do Desencravo e a procesión do Santo Enterro.

Unha vez máis era a imaxe de San Xoán a que abría a comitiva seguida pola das Virxe das Dores e a do Cristo Xacente na urna transportada a ombros polos costaleiros, completando un longo e solemne percorrido por boa parte da Rúa Vella.

Os actos da Semana Sana na parroquia ruesa de Santo Estevo continúan esta tarde de Sábado Santo coa procesión da Soidade ás 20:30h. e a Vixilia Pascual ás 23h.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button