CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Serrulla presenta un mapa da acrópole de Monterrei na Biblioteca de Verín

Ademais daba a coñecer un catálogo dos canzorros da igrexa do Castelo, elaborado xunto a Jesús Herrero Marcos

“O meu obxectivo con estes traballos é aportar”, aseguraba o investigador e forense Fernando Serrulla Rech ao termo da presentación do mapa da ácropole de Monterrei que presentaba na tarde do 12 de abril na Biblioteca Municipal de Verín.

Nesta publicación detállanse os accesos a este conxunto patrimonial, xunto cos seus principais elementos de referencia como o Pazo dos Condes, as torres, a reitoral, o hospital dos peregrinos ou o cárcere. Pero tamén outros próximos a acrópole, como un lagar rupestre. Ademais inclúese unha breve síntese histórica sobre este emprazamento que inicialmente foi un castro.

Neste mesmo acto, Serrulla Rech presentaba un catálogo dos canzorros da igrexa de Santa María de Gracia, situada tamén no castelo, que elaborou conxuntamente con Jesús Herrero Marcos.

Fotos: Carlos G. Hervella (a primeira da galería)/ Biblioteca de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button