DeportesÚltima hora

Serviocio Heroican Race, o 14 de marzo en Allariz

A carreira contará cuns 9 quilómetros de distancia con probas físicas cada 1.000 metros

cartel Heroican Race (2)

O 14 de marzo celebrarase en Allariz a Heroican Race, unha carreira de resistencia de entre 8 e 9 quilómetros de distancia entre Paicordeiro e Penamá (Allariz), cunha proba física cada 1.000 metros.

A carreira está organizada por Serviocio Ourense S.L. e o Concello de Allariz para maiores de 18 años, establecéndose as seguintes categorías: masculina e feminina; HR: 18-35 anos; HR 1: 36-50 anos; e HR 2: > 51 anos.

Os puntos de inscrición son o Centro Deportivo Eiroás (Ourense) e a piscina municipal de Allariz, e custan 20 euros ata o 22 de febreiro e 25 euros ata o 7 de marzo.

Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button